Módulo Jean Monet. Curso de verán. A empresa na Unión Europea

CURSO DE VERÁN
A empresa na Unión Europea

Coordinador xeral do módulo
· Prof. Dr. Luis Miguel Muleiro Parada
Profesor Titular de Dereito Financeiro e Tributario.
Universidade de Vigo

Coordinadora da actividade formativa
· Profa. Dra. Carmen Ruiz Hidalgo
Profesora Titular de Dereito Financeiro e Tributario.
Universidade de Vigo

Organiza
· Área de Dereito Financeiro e Tributario. Universidade de Vigo
Presentación e obxectivos

Curso de Verán dirixido aos alumnos, en especial do ámbito xurídicosocial,
así como aos funcionarios da administración tributaria estatal,
autonómica e local, avogados, asesores fiscais e outros operadores
xurídicos. Neste curso de verán analizaranse aspectos da empresa nas
súas relacións coa Administración tributaria, e a incidencia do Plan
BEPS da OCDE e as directivas comunitarias na loita contra a evasión
fiscal e o traslado de beneficios empresariais a outras xurisdicións máis
favorables na tributación empresarial.

Información e inscrición
A actividade formativa está dirixida non só a estudantes universitarios ou
alumnos de Doutoram ento cuxas titulacións aborden temas específicos
da Unión Europea (Dereito, Dirección e Xestión Pública, Ciencias
Políticas e da Administración, Ciencias Económicas, etc.), senón
tamén a funcionarios públicos e a profesionais cuxa actividade estea
directa ou indirectamente relacionada coas consecuencias xurídicas
da dixitalización do sector público e, en particular, da Administración
tributaria.