Xornada “O emprego en Europa: o sector da pesca”

A xornada pretende achegar, dende unha perspectiva práctica, aos estudantes -de Formación Profesional e universitarios-, así como á sociedade, ás diversas saídas profesionais vinculadas ao sector pesqueiro: empregos e profesións a bordo, profesións xurídicas vinculadas ao sector marítimo pesqueiro, emprego na acuicultura e profesións vinculadas á protección dos recursos pesqueiros e do medio mariño.

Inscrición: Ata o 25 de novembro de 2019, mediante correo electrónico remitido a franfernandez@uvigo.es, indicando:

  1. Nome
  2. Apelidos
  3. DNI
  4. E-mail
  5. Enderezo
  6. Profesión ou, no caso dos estudantes, centro e grao ou ciclo de procedencia