Xornada: Mulleres traballadoras na pesca en Galicia

Loitando cara a igualdade de oportunidades

Etiquetas

Data de celebración

10 de outubro de 2019 ás 15.45 h

Lugar

Salón de Graos
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

 

Dirección

Nora Mª. Martínez Yáñez
Profesora Contratada Doutora (Acreditada a TU) de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Universidade de Vigo

Emma Rodríguez Rodríguez
Profesora Contratada Doutora (Acreditada a TU) de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Universidade de Vigo

Entrada

Para asistir, compre enviar un email antes do 9 de outubro a nora@uvigo.es ou emmarodriguez@uvigo.es especificando os seguintes datos:
– Nome e Apelidos
– DNI
– Ocupación
A entrada é gratuíta e libre, ata completar

Obxectivos

Analizar a segregación ocupacional horizontal e vertical na pesca en Galicia desde o punto de vista xurídico-laboral e sinalar os principais ámbitos de mellora: formación profesional, asociacionismo, medidas públicas de fomento do emprego, mellora das prestacións de Seguridade Social social e prevención de riscos laborais, entre outros.

Xornada de formación para estudantes do Grao en Relacións Laborais e RRHH, Dereito, doble Grao Dereito e ADE, e Master en Dirección e Xestión Laboral.

Documentación

Programa