Facultade de CCXXT

Especialistas en Dereito Mercantil confirman a boa saúde da lexislación española á hora de protexer segredos empresariais

No arranque dun congreso internacional sobre dereito industrial e da competencia

 

Especialistas en Dereito Mercantil confirmaron esta mañá na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo a boa saúde da lexislación española á hora de protexer os segredos empresariais. É, tal e como explicaron, unha cuestión “non menor” dada a relevancia que para o tecido empresarial ten a protección duns activos inmateriais, a información confidencial, que son froito dos investimentos e esforzos de cada empresa e que, coa sociedade da información e a globalización da economía, a miúdo corren o perigo de ser subtraídos provocando danos que poden chegar a acadar cifras de centos de millóns de euros.

especialistas en Dereito Mercantil

Estas son algunhas das afirmacións realizadas no arranque do congreso internacional Novas tendencias no dereito da competencia e da propiedade industrial, unha cita organizada en memoria do falecido Carlos Fernández-Nóvoa, “o gran mestre do Dereito industrial e da competencia en España”, tal como lembrou na inauguración do encontro o catedrático vigués Anxo Tato, que en nome do equipo organizador, explicou que “o que ía ser unha pequena homenaxe se converteu nun encontro no que se reúnen os máis destacados académicos e profesionais do Dereito industrial e da compentencia”.


Ler a noticia completa no DUVI