Facultade de CCXXT

Enxeñería Industrial e Ciencias Xurídicas e do Traballo gradúan preto de 400 estudantes

Os egresados de Dereito recibiron os seus títulos na Facultade de CC.Económicas

 

Preto de 400 novas e novos titulados pola Universidade de Vigo xa está na rúa. A Escola de Enxeñería Industrial e a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo celebraron cadanseu acto de graduación, no Pazo de Congresos Mar de Vigo e na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, respectivamente, nos que as e os novos egresados recibiron as distincións académicas que os acreditan como graduadas e graduados pola institución académica viguesa.

GRaduación 2017

As novas e novos egresados da quinta promoción do Grao en Dereito e da cuarta promoción do Máster de Avogacía, 93 en total, recibiron as súas distincións académicas nun acto, no que o maxistrado emérito do Tribunal Supremo Antonio Romero Lorenzo foi nomeado membro honorífico do claustro de profesores de Dereito da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo. O docente Anxo Tato e os estudantes Alicia Costas e Andrés Romero foron os encargados de intervir na parte do acto correspondente á graduación das 63 novas e novos egresados do Grao. Pola súa banda, o decano do Colexio de Avogados de Pontevedra, Ramón Jáudenes, e o tesoureiro do Colexio de Avogados de Pontevedra, Francisco José Vila, e os estudantes Manuel Rivas e Inés López, tomaron a palabra antes da entrega de diplomas ás e aos 30 titulados no Máster de Avogacía, 18 do campus de Vigo e 12 do de Pontevedra.


Ler a noticia completa no DUVI