Facultade de CCXXT

Ciencias Xurídicas e do Traballo acollerá un módulo europeo sobre a protección dos dereitos fundamentais

Destinado a estudantes, operadores xurídicos e activistas, terá 40 horas de duración

 

Este mércores arranca na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo un Módulo Jean Monnet sobre a protección dos dereitos fundamentais na Unión Europea. Esta iniciativa responde á necesidade de suplir algúns dos principais déficits formativos detectados nesta materia, contribuíndo así a unha análise reflexiva que, como explican os seus organizadores, “tome como punto de partida o recoñecemento de plena eficacia xurídica a un catálogo propio de dereitos no seo da UE, pero sen perder de vista a complexa realidade que é hoxe a efectiva protección dos dereitos e liberdades das persoas”.

Módulo Europeo 2017

A decana da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo e directora do módulo, Almudena Bergareche, explica que a Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea foi aprobada no 2000, pero o seu contido era meramente programático e, se ben as institucións europeas debían actuar conforme a ela, non se dispoñía de mecanismos xurisdicionais cos que reclamar o seu cumprimento. Unha versión revisada da carta foi proclamada en decembro de 2007 en Estrasburgo, antes da sinatura do Tratado de Lisboa, de xeito que unha vez ratificado este, a carta pasou a ser legalmente vinculante. A entrada en vigor do Tratado de Lisboa en 2009 “recoñeceu o pleno valor normativo á Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea” e segundo a profesora Bergareche “supuxo avances significativos en materia de protección de dereitos”.


Ler a noticia completa no DUVI