Facultade de CCXXT

Bolsa da Fundación Salcines para graduados en Dereito

A Fundación Salcinés selecciona candidatos para o departamento de administración / xestión xudicial dunha empresa de externalización de procesos operativos sita en Vigo.


Perfil solicitado

  • Titulación: Grao en Dereito ou Grao en Dereito Económico (a titulación ten que haber sido obtida nos derradeiros 4 anos en España ou estar homologada polo Ministerio de Educación español).
  • Experiencia: o candidato non poderá ter experiencia laboral previa coa súa titulación ou como máximo durante un máximo de 3 meses.
  • Requisitos: Microsoft Office (Nivel Alto), manexo de correo electrónico (Nivel Alto).

Descrición da oferta

  • Tarefas a desenvoltar: Xestión e arquivo de documentación xudicial relativa a execucións hipotecarias, alta de inmobles adxudicados nos aplicativos da entidade, etc…Duración: 3 meses
  • Período: 15/09/2017 ao 14/12/2017
  • Horario: de luns a venres 09:00 a 14:00 e 16:30 a 19:30
  • Axuda económica: 600 euros/mes

Enviar CV indicando a REF 5/2017 a .

Información: Tfno. 881.964.780

Información completa da oferta