27/09/2019

Estimado profesorado, anunciamos que hoxe se pon en marcha o proceso de Enquisas de Avaliación Docente (EAD) do 1º cuadrimestre do curso 2019-2020. Para facilitar o proceso, xa está habilitada na Secretaría Virtual a aplicación para a Planificación de Enquisas de Avaliación Docente, co obxecto de que o profesorado poida planificar de maneira persoal as enquisas das materias que imparte e determine a data, lugar (aula, centro e sede) e horario de realización que lle conveña. A ruta de acceso é a seguinte: Páxina da UVigo > Secretaría Virtual > Control de acceso > Funcionalidades para o PDI > Planificación de Enquisas de Avaliación Docente. O prazo de planificación individual por parte do profesorado remata o vindeiro 13 de outubro. Para facilitar esta tarefa, na Guía de Planificación das EAD inclúese información detallada sobre o proceso. Esta guía pode consultarse no seguinte enlace:
Guía de planificación

   
26/08/2019

A Facultade de Ciencias Xurídicas da Universidade de Vigo mantén aberto ata o vindeiro 2 de setembro o prazo de preinscripción para os másteres presencias en Avogacía, Menores e Dirección e Xestión Laboral. A matrícula realizarase entre o 13 e 16 de setembro. As tres titulacións están dirixidas a formar profesionais con demanda no mercado laboral.
Ler a noticia completa

 
06/08/2019

Estamos en pleno proceso de migración da nosa páxina web á nova imaxe institucional da UVigo. Se non atopas ou botas en falta algo podes consultar a páxina vella:
Páxina web vella

 
26/06/2019

Táboas de recoñecementos directos entre as materias de Formación Básica e materias Obrigatorias.
Consulta a táboa

 
18/06/2019

Resolución Reitoral do 18 de xuño pola que se publica a convocatoria de admisión e matrícula nos ensinos de posgrao da Universidade de Vigo para o curso académico 2019/2020.
Consulta a convocatoria

 
30/05/2019

Resolución Reitoral do 30 de maio pola que se publica a convocatoria de admisión e matrícula nos ensinos de grao da Universidade de Vigo para o curso académico 2019/2020.
Consulta a convocatoria

 
03/05/2019

A oficina de Relacións Internacionais convoca unha xuntanza informativa co obxecto de dar información sobre os procedementos e axudas económicas das bolsas de intercambio. Prégase asistir xa que é de interese para o alumnado de intercambio. Pódese asistir a calquera das seguintes sesións: Ás 10:00 horas do 7 de maio no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución (para o alumnado da Facultade de Filoloxía e Tradución) Ás 15:00 horas do 7 de maio no Salón de Actos a Escola de Enxeñaría Industrial (sede campus) Ás 13:00 horas do 9 de maio no Salón de Actos da Escola Universitaria de Estudos Empresariais