Facultade de CCXXT

Curso Cero

O acceso á Universidade supón para o alumno un cambio importante na súa formación académica, o que fai que se atope con cambios sustanciais en canto aos coñecementos cos que terá que traballar durante o seu periodo na Universidade.

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, consciente de esta situación, ven realizando durante os últimos cursos o programa de “Curso cero” ou “Curso de Benvida” para os alumnos de novo ingreso.

O curso cero é un curso destinado aos novos alumnos do Grao en Dereito e do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos. Lévase a cabo durante as primeiras semanas do mes de septembro.

O obxectivo de este curso é proporcionar ao alumnado unha referencia á que podan acudir para repasar os conceptos necesarios para as primeiras semanas no grao.

O curso cero, de 2 ou 3 días de duración pretende aproximarlles aos contidos esenciais da súa titulación, ao centro e a todos os servizos ofertados pola Universidade e que lles resultarán de gran axuda no desenvolvemento dos seus estudos. No dito curso trátase de implicar a distintos servizos e organismos da Universidade, tales como o servizo de biblioteca, a oficina de relacións internacionais, o centro de linguas, etc.

Con este curso de benvida preténdese a integración de todos os alumnos de novo ingreso no ambiente da facultade, e que os alumnos que xa están en segundo e seguintes cursos teñan a oportunidade de asistir ás conferencias impartidas por profesionais con ampla experiencia, tanto formativa como profesional, e que podan plantexarlles as súas dúbidas ou inquedanzas.

O curso cero diseñouse co propósito de que aos estudantes que acceden á Universidad por primeira vez se lles dote dunha formación complementaria á estrictamente curricular, necesaria para o periodo de permanencia na Universidade.