Facultade de CCXXT

Delegación de Alumnos

Estrutura Interna


A delegación de Alumnos da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo forman parte dos diversos Órganos de Goberno da Universidade e da Facultade.

A Delegación de Alumnos réxese polos seus Estatutos. Establece o seu orzamento dacordo coa partida orzamentaria da Facultade establecida para tales fins. Ao remate de cada exercicio económico a Delegación ten que presentar a súa memoria de gastos na Xunta de Facultade.


Ubicación e horarios


A Delegación ten a súa sede na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

Os horarios de atención ao estudantado son en horario de mañá (9:00 a 14:00) e tarde (16:00 a 21:00) agás nos periodos vacacionais e de exames.

Solicitude de taquillas


Funcións


As funcións da Delegación de Alumnos son:

  1. Procedemento para cambio de datas de exame.
  2. Reclamacións ás calificacións dos exames.
  3. Cómo recurrir as distintas resolucións de carácter administrativo (denegación de cambio de turno, concesión de créditos de libre elección, etc.)
  4. Solicitude de subvencións para actos oficiais e extraoficiais (acto de graduación, festividade do patrón, etc.)
  5. Asesoramento sobre organización do “paso de ecuador”.
  6. Posibilidades de colaborar e axudar na propia delegación.