Facultade de CCXXT

Plan de Acción Titorial

O Plan de Acción Titorial da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do estudantado na vida universitaria e atender ás súas necesidades formativas e informativas.

Obxectivos do PAT

COORDINACIÓN DO PAT

Rosa Rodríguez Martín-Retortillo

986 130 264 |

O Plan supón superar o modelo específicamente académico, soamente preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo educativo no que conflúen ademáis funcións socioeducativas, baseadas en relacións reciprocas e interaccións titor-alumnos, alumno-alumno, etc.; apostase, en definitiva, polo desenvolvemento persoal, ademáis do académico.

Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do estudantado, que normalice as distintas accións e acade un axeitado equilibrio entre as expectativas do estudantado e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación superior.

O Plan de acción titorial apunta directamente cara a garantía e a adecuación dos métodos de ensino, aprendizaxe e avaliación, á adquisición de competencias do estudantado, á atención á diversidade, á orientación á aprendizaxe, etc., recollidos dun xeito amplo tanto nas memorias das titulacións como no sistema de garantía de calidade do centro.

As actividades do PAT van dirixidas a todo o estudantado do centro, prestando unha especial atención aos estudantes de novo ingreso e os que están rematando os estudos, pois nestas situacións se fai máis necesaria a información que axude a ter criterios de decisión ante a nova realidade.


Plan de Acción Titorial 2018/2019


Plan de Acción Titorial

Plan de Acción Titorial


Titores do PAT

Titores do PAT (titulacións de grao)


Resultados do PAT


Consulta os informes de seguimento do PAT no apartado de evidencias