Facultade de CCXXT

Xornadas de benvida

O acceso á Universidade supón para o alumno un cambio importante na súa formación académica, o que fai que se atope con cambios sustanciais en canto aos coñecementos cos que terá que traballar durante o seu periodo na Universidade.

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, consciente de esta situación, ven realizando durante os últimos cursos unhas xornadas de benvida para o estudantado de novo ingreso.

Estas xornadas están destinadas ao novo estudantado (Grao en Dereito, Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos e PCEO ADE-Dereito). Lévase a cabo durante a primeira semanas do primeiro cuadrimestre.

O obxectivo destas xornadas é aproximalos aos contidos esenciais da súa titulación, ao centro e a todos os servizos ofertados pola Universidade e que lles resultarán de gran axuda no desenvolvemento dos seus estudos. No dito curso trátase de implicar a distintos servizos e organismos da Universidade, tales como o servizo de biblioteca, a oficina de relacións internacionais, o centro de linguas, etc.


Xornadas de benvida 2017 - Estudos de Grao
Xornada de benvida 2017 - PCEO ADE-Dereito