Facultade de CCXXT

Acreditación de títulos

O Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, modificado polo Real Decreto 861/2010, do 2 de xullo, recolle no seu artigo 24.2 que: "Antes do transcurso de seis anos a contar desde a data da súa verificación inicial ou desde a da súa última acreditación, os títulos universitarios oficiais de Grao e Doutoramento, deberán renovar a súa acreditación de acordo co procedemento e prazos que as Comunidades Autónomas establezan en relación coas universidades no seu ámbito competencial. Así mesmo, os títulos de Mestrado deberán someterse ao indicado procedemento antes do transcurso de catro anos". No artigo 27 bis establécese que a acreditación inicial dos títulos oficiais debe ser renovada periodicamente a partir da data da súa verificación por parte do "Consello de Universidades" ou desde a data da súa última acreditación.

De acordo coa mencionada lexislación, o proceso de avaliación para a renovación da acreditación incluirá, en todo caso, unha visita de expertos externos á Universidade sendo a "Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia" (ACSUG), no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a encargada de realizar a valoración para a renovación da acreditación, de acordo cos protocolos de avaliación que se estableceron conxuntamente entre as axencias de avaliación que cumpran cos Criterios e Estándares de Calidade Europeos.

Pode consultar máis información en:


TITULACIÓNS QUE RENOVARON A ACREDITACIÓN