De acordo co Real Decreto 1393/2007 (modificado polo RD 861/2010 e posteriormente polo RD 43/2015), polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, todos os títulos que se imparten na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, intégranse nun Sistema de Garantía de Calidade (SGC), e participan nos programas de Verificación/Modificación, Acreditación e Seguimento de Títulos.

O 3 de xuño de 2015, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), certificou que o Sistema de Garantía Interna da Calidade da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo se implantou conforme ás directrices establecidas no programa FIDES-AUDIT. Dita certificación foi renovada con data 11/10/2022.

comisión de calidade do centro é o órgano encargado da planificación das tarefas relacionadas coa implantación e seguimento do SGC.

Documentación básica do SGC do centro: