A facultade oferta materias con docencia en inglés tanto no Grao en Dereito como no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos, no marco del Plan de Internacionalización Lingüística da Universidade de Vigo

As materias ofertadas en inglés no Curso 2021/2022 son as seguintes:

 

 Máis información sobre as materias impartidas en inglés

 

Un grupo teórico e un grupo práctico desas materias serán impartidos por profesorado da facultade debidamente acreditado para impartir docencia en inglés. O desenvolvemento das clases, os materiais empregados e as probas de avaliación serán completamente en inglés.

Os horarios deses grupos poden consultarse no calendario de horarios oficial da facultade.

Non se esixe unha acreditación oficial do nivel de inglés para poder matricularse nesas materias, pero recomendase aos alumnos interesados que teñan, polo menos, un nivel BI ou equivalente.

Ademais, o plan de internacionalización lingüística da Universidade de Vigo contempla os seguintes recoñecementos para incentivar a participación do estudantado nestes programas:

  • Subvención parcial das taxas do primeiro exame de acreditación dun dos niveis do MCERL no Centro de Linguas da Universidade de Vigo.
  • Prioridade nas convocatorias de mobilidade internacional do estudantado nos casos de igualdade de puntuación tras a aplicación do baremo correspondente a cada convocatoria.
  • Prioridade na participación en programas de dobre titulación internacional.
  • Recoñecemento da docencia bilingüe recibida no expediente académico e/ou no suplemento europeo ao título.
  • Accións de apoio para a formación lingüística do estudantado, por exemplo cursos no estranxeiro, ou cursos específicos sobre metodoloxías de aprendizaxe e de linguas estranxeiras no ámbito da súa titulación.