Facultade de CCXXT

Doble Grao ADE-Dereito


O doble grao permite ao estudantado obter en cinco anos os títulos de graduado/a en ADE e graduado/a en Dereito, un perfil profesional moi demandado polo sector empresarial, o que o sitúa entre as ofertas máis atractivas das universidades de España en canto á duración dos estudos. A titulación impártese nun grupo diferenciado cun horario e un calendario de exames propio.

Baixo a máxima do absoluto rigor académico, o doble grao achega un elemento diferencial: a implicación do mundo empresarial na formación complementaria do estudantado a través da participación en conferencias e a oferta de prácticas nos últimos anos do doble grao. Ademais, o doble grao ofertará cursos extra-curriculares encamiñados á formación en idiomas e en habilidades e capacidades.