Facultade de CCXXT

Estudos de Grao en Relacións Laborais e RRHH


Este Grao constitúe a base fundamental para a formación dos Graduados Sociais, profesionais cuxas funcións son o asesoramento no ámbito laboral, as prestacións asistenciais dos sistemas públicos e privados, e a xestión dos RRHH, entre outras.

Ten como obxectivo a formación de profesionais capacitados para acceder a distintos mercados de traballo. Froito da multidisciplinariedade dos seus estudos, cuxas materias combinan para ofrecer competencias e contidos variados, que facilitan o acceso a diversos mercados de traballo así como ao estudo de diversos Mestrados.

Trátase de formar profesionais polivalentes, que actúen nas diversas áreas do mundo do traballo. Dende as máis tradicionais, como o asesoramento xurídico-laboral, a xestión en materias de seguridade social ou a dirección dos RRHH, ata outras novas como a mediación de conflitos, negociación colectiva, prevención de riscos laborais, políticas Sociolaborais ou economía social. Para facer esto factible, o Grao articulase en tres itinerarios: Xurídico-Económico, RRHH, e Mercados de Traballo e Políticas Socio-laborais, que permitirá a quenes o cursen elixir o que mellor se adecue ao seus intereses.

Este Grao posibilita dar un primeiro paso cara o mercado de traballo mediante unha oferta ampla de prácticas en empresas.