O Máster Universitario en Avogacía é un máster de orientación profesional no marco da profesión regulada de avogado, permitindo cumprir as condicións necesarias para o exercicio da profesión de avogado no noso país, dando resposta aos requisitos de formación establecidos tanto na Lei de Acceso como no seu Regulamento de desenvolvemento. Responde á normativa aprobada no noso país, á vista do Dereito Comparado, alcanzando un indiscutible e especial interese profesional, académico e científico para a Universidade de Vigo e para a Comunidade Autónoma de Galicia.

Páxina web do título (campus de Vigo)

Páxina web do título (campus de Pontevedra)

 

Información de interese

  • Prazas: 65 (40+25)
  • Tipo de ensino: presencial
  • Periodicidade da oferta: anual
  • Duración: 90 créditos ECTS

 

Colaboran

Ilustre Colexio de Avogados de Vigo | Ilustre Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra

Coordinación

María Antonia Arias Martínez
+34 986 814 026
tona.arias@uvigo.es

Máis información

Secretaría académica da FCCXXT
+34 986 813 831
secxuridicas@uvigo.es