Facultade de CCXXT

Mestrado en Dereito de Empresa

INFORMACIÓN SOBRE MATRICULA

Secretaría académica da FCCXXT

+34 986 813 831

Visita a web do Mestrado en Dereito de Empresa

Descrición

O Mestrado en Dereito de Empresa é un Mestrado de orientación laboral e constitúe un instrumento de formación para licenciados e graduados en Dereito, RR.LL. e noutras titulacións afíns que permite afondar en coñecementos propios do Dereito de empresa, mercé a contidos altamente especializados e propicia, así mesmo, o inicio da carreira académica, coa realización da Tese de Doutoramento.

O carácter multidisciplinar do Mestrado contribúe á consecución dun coñecemento adecuado da empresa e o mercado, e colocará aos nosos graduados en boas condicións para acceder a postos de traballo para os que se requiren profesionais cualificados e cun importante grao de preparación académica e práctica.


Oferta de prazas: 40 prazas

Tipo de ensino: Presencial | Periodicidade da oferta: Anual | Duración: 60 ECTS


Colaboran


Garrigues | Cuatrecasas, Gonçalves Pereira | Deloitte