Facultade de CCXXT

Mestrado en Menores

INFORMACIÓN SOBRE MATRICULA

Secretaría académica da FCCXXT

+34 986 813 831

INFORMACIÓN DE INTERESE

Guías docentes

Díptico informativo

Memoria da titulación

Descrición

O Mestrado en Menores en situación de desprotección e conflito social é un Mestrado oficial da Universidade de Vigo, de 60 ECTS, que se dirixe a formar profesionais e investigadores con capacidade de deseñar, pór en práctica e liderar proxectos e procesos de investigación en materia de desprotección e conflitividade social dos menores de idade, desde unha perspectiva eminentemente xurídica, pero tamén psicolóxica e socio-educativa.

Á súa vez, tamén se pretende que sexa un punto de encontro interdisciplinar para o debate, a análise crítica e a posta en común de ideas tendentes a mellorar a protección xurídica e os mecanismos de intervención psicosocioeducativos que teñen como destinatarios aos menores en situación de risco, desamparo ou conflito social.


Oferta de prazas: 25 prazas

Tipo de ensinanza: Presencial | Periodicidade da oferta: Anual | Duración: 60 ECTS