Facultade de CCXXT

Presentación

Facultade CCXXT

A historia recente da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo nace, con tal denominación, por Decreto 66/2002, de 28 de febreiro da Xunta de Galicia. Con esta norma créase un novo centro na Universidade de Vigo, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, na que se impartirán dúas titulacións: Licenciado en Dereito Económico-Empresarial e Diplomado en Relacións Laborais.

Estes estudos víñanse impartindo dende facía anos na cidade de Vigo e no Campus Universitario. En canto aos estudos de Dereito, o Decreto 192/1993, de 29 de xullo autorizou a implantación da licenciatura en dereito no Campus de Vigo como sección delegada da Facultade de Dereito do Campus de Ourense.

Por outra banda, o Decreto 274/1991, de 30 de xullo creou a Escola Universitaria de Graduado Social do Campus de Vigo como centro adscrito á Universidad de Vigo, por transformación do Seminario de Estudos Sociais de Vigo, e autorizouse a implantación dos estudos conducentes a obtención do título de diplomado en graduado social. Posteriormente, polo Decreto 216/1999, de 15 de xullo autorizou o cambio de denominación da Escuela Universitaria de Graduado Social do Campus de Vigo (adscrita), polo de Escuela Universitaria de Relacións Laborais, albergando os estudos xa autorizados e ratificados polo Decreto 247/1992, de 30 de xullo conducentes ó título de diplomado en relacións laborais.

En definitiva, esta facultade crease pola transformación da Sección Delegada da Facultade de Dereito e a integración da titulación de relacións laborais co que se suprime a Escola Universitaria de Relacións Laborais.

O Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais e que regula a transición ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES) motivou a transformación dos dous títulos existentes en dous novos títulos: o Grao en Dereito e o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humáns.

Paralelamente, este proceso de transformación afectou tamén aos posgraos e, así, atopámonos coa oferta de 4 títulos de mestrado: mestrado en Dereito de Empresa, mestrado en Avogacía, mestrado en Xestión e Dirección Laboral e mestrado en Menores en situación de desprotección e conflito social.