A Revista da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo é unha revista xurídica interdisciplinar electrónica editada desde a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo.

A revista recolle traballos orixinais e inéditos de contido xurídico ou de relevancia para o ámbito xurídico. Consta de tres seccións: a) estudos e comentarios, b) notas e c) recensións.

A sección de estudos e comentarios está adicada a traballos doutrinais, comentarios de lexislación e xurisprudenciais cunha extensión mínima de 60.000 caracteres e máxima de 100.000 caracteres, que serán sometidos a revisión cega por pares externos. O prazo para o envío dos estudos e comentarios rematará o 30 de cada ano.

As notas consistirán en breves comentarios da actualidade xurídica ou xurisprudencial dun máximo de 15.000 caracteres. As recensións terán unha extensión máxima de 15.000 caracteres (incluíndo espazos e notas ao pé). O prazo para o envío das notas e recensións rematará o 31 de outubro de 2018.

 

 Normativa da revista
 Presentación da revista en UVigoTV