Inicio

Matrícula 2024/2025

 
 

Campus Remoto

Campus Remoto é o novo servizo que centraliza nun único punto as diversas ferramentas de teledocencia da Universidade de Vigo: FaiTIC, Aulas virtuais “en directo” e Foro do profesorado.
 

Centro certificado Fides-Audit

Benvidos á páxina web da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

 

Distintivo de Igualdade

O Distintivo de Igualdade nace coa fin de visibilizar e de recoñecer pública e institucionalmente o esforzo de moitas persoas que, na nosa universidade, loitan día a día por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coñecemento científico, incorporando a ollada de xénero e feminista. Esta iniciativa pretende recoñecer o traballo dos centros, escolas e facultades no ámbito do fomento da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e, deste xeito, acadar unha universidade máis humana, igualitaria e xusta.

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo obtivo o Distintivo de Igualdade o 8 de abril de 2022.

Centro certificado FIDES-AUDIT

O 3 de xuño de 2015, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), certificou que o Sistema de Garantía Interna da Calidade da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo se implantou conforme ás directrices establecidas no programa FIDES-AUDIT. Dita certificación foi renovada con data 11/10/2022.
Máis información

Enlaces de interese