Tras nove meses da súa entrega en vigor, académicos e xuristas comparten nunha xornada as súas impresións sobre a reforma laboral

Xuristas de recoñecido prestixio no ámbito universitario e xudicial participaron o pasado xoves e venres en Vigo nas Xornadas Xurisprudencia e Reforma Laboral e de Seguridade Social, unha actividade organizada polo Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo baixo a dirección do catedrático Jaime Cabeza co obxectivo de discutir sobre a reforma laboral do 2021 e analizar as primeiras resolucións xudiciais que deixa xa sobre a mesa. A cita, que dá continuidade a unhas primeiras xornadas organizadas en setembro do 2021 no campus de Ourense, desenvólvese nesta ocasión no salón de actos da sede cidade da Escola de Enxeñería Industrial con preto de 90 persoas inscritas, fundamentalmente avogados e graduados sociais, pero tamén profesionais de asesorías e do ámbito sindical, entre outros.

“Pareceunos importante realizar unha análise da reforma laboral e da doutrina xudicial que se se está a producir arredor dela”, salientou Cabeza na inauguración do encontro, quen explicou que nos nove meses e medio de vida da reforma laboral deu xa lugar ás primeiras análises académicas e tamén ás primeiras sentencias de instancia. Ao mesmo tempo, tal e como el mesmo recalcou, “produciuse tamén unha lei transformadora do sistema de seguridade social, polo que nos pareceu adecuado xuntar a análise de ambas reformas”.

Ler a nova completa no DUVI