Curso académico 2021/2022
Organización académica 2021/2022 por mor da COVID-19
As clases comenzan o día 6 de setembro. No curso académico 2021/2022 as clases serán presenciais respectando os aforos e medidas hixiénico-sanitarias vixentes, control con códigos QR tanto para estudantado como profesorado, comunicación casos Covid, etc.
En relación cos aforos queremos informar que, segundo as novas instruccións, o aforo das aulas tense incrementado sensiblemente. Ainda así, somos conscientes que non todo o alumnado de todos os cursos/materias pode ter acomodo nunha sola aula. Por este motivo, temos deseñada unha planficación de docencia con aulas “espello”.
Descrición das aulas espello
O alumnado dun curso/materia cubrirá por orde de chegada o aforo da aula principal asignada. O resto do alumnado (que non teña sitio na aula principal) poderá facer uso dunha “aula espello” para seguir desde a mesma a través do campus remoto a clase que se está impartindo e sendo retransmitida desde a aula principal.
Se un profesor/a chega a aula principal e hai sitios libres, non terá que conectar o campus remoto xa que darase por feito que non hai alumnado seguindo as clases na “aula espello”.
Esquema de división de aulas e “aulas espello” para ás dúas primeiras semanas
Horarios das titulacións de grao
HORARIOS DOCENTES
- Grao en Dereito: 1º cuadrimestre | 2º cuadrimestre
- Grao en RRLL e RRHH: 1º cuadrimestre | 2º cuadrimestre
- Dobre Grao ADE-Dereito: 1º cuadrimestre | 2º cuadrimestre
GRUPOS TEÓRICOS E PRÁCTICOS