Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

22/11/2024

Medio cento de especialistas de Galicia e Portugal déronse cita estes dias na Universidade de Vigo no marco do Congreso internacional Retos del Derecho de Familia ante una sociedad más inclusiva, un evento organizado por docentes da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo.

O simposio, que se desenvolveu no edificio Redeiras entre este xoves e venres, tiña como finalidade analizar a situación á que se enfronta o sistema de xustiza en materia de familia e sucesións ante unha sociedade máis inclusiva. Entre os arredor de 50 participantes houbo avogados e avogadas en exercicio, persoal investigador de diferentes universidades de Galicia e Portugal e alumnado do Programa de doutoramento en Xestión e Resolución de conflitos, familia, menores e xustiza terapéutica.

O simposio comezou onte xoves cun acto de apertura no que participaron Esther Pillado, catedrática de Dereito Penal e Tomás Farto, profesor de Dereito Procesual da UVigo, directora e secretario respectivamente do congreso. Ao longo das dúas xornadas, con relatorios e mesas redondas, abordáronse os retos do Dereito de Familia ante unha nova realidade social, poñendo o foco, como explica Tomás Farto, “na vulnerabilidade dos menores nas redes sociais e contornas dixitais, na protección dos menores de idade en situación de desamparo, analizando tamén cuestións actuais relativas aos procesos de familia e para a adopción de medidas de apoio ás persoas con discapacidade ou en materia de sucesións”.

Ler a nova completa no DUVI

Equality Label

The Equality Label has been created to make the effort made by many in our University, who fight everyday to research, teach, transfer, manager and produce feministic and from a gender point of view scientific knowledge visible, and publicly and institutionally acknowledged. This initiative aims to acknowledge the work made by centres, schools and faculties in the field of a real and effective equality between men and women promotion, and, in this way, achieve a more human, equality and fair university.

The Faculty of Legal and Labour Sciences achieved the Equality Label on april 8, 2022.

Centre certified by FIDES-AUDIT

On July 3, 2015, the Agency for Quality Assurance in the Galician University System (ACSUG), certified that the Internal Quality Guarantee System of the Faculty of Legal and Labour Sciences was implemented according to the guidelines in the Programme FIDES-AUDIT. This certification has been renewed on 10/11/2022..

Further information