Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

A historia recente da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo nace, con tal denominación, no ano 2002. Créase un novo centro na Universidade de Vigo, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, na que se impartirán tres titulacións: Grao en Dereito e Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos e Simultaneidade en ADE-Dereito.

Tamén se imparten tres títulos de mestrado: Máster en Avogacía e Procuradoría, Máster en Xestión e Dirección Laboral e Máster en Menores en situación de desprotección e conflito social.

Distintivo de Igualdade

O Distintivo de Igualdade nace coa fin de visibilizar e de recoñecer pública e institucionalmente o esforzo de moitas persoas que, na nosa universidade, loitan día a día por investigar, ensinar, transferir, xestionar e producir coñecemento científico, incorporando a ollada de xénero e feminista. Esta iniciativa pretende recoñecer o traballo dos centros, escolas e facultades no ámbito do fomento da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes e, deste xeito, acadar unha universidade máis humana, igualitaria e xusta.

A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo obtivo o Distintivo de Igualdade o 8 de abril de 2022.

Centro certificado FIDES-AUDIT

O 3 de xuño de 2015, a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), certificou que o Sistema de Garantía Interna de Calidade da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo se implantou conforme ás directrices establecidas no programa FIDES-AUDIT. Dita certificación foi renovada con data 11/10/2022.

Máis información